Ribadavia abre unha bolsa de traballo para a axuda no fogar

O Concello de Ribadavia reforza o servizo en consenso coas traballadoras que atenden case un cento de usuarios

O Concello de Ribadavia reforzará o seu Servizo de Asistencia no Fogar (SAF) en consenso coas súas traballadoras, ampliando as datas do período de vacacións, e aumentando a elección das datas das traballadoras facéndoas máis flexibles e adaptadas as súas necesidades.

Para elo, o Concello abriu a bolsa para a provisión temporal de postos de traballo do SAF o pasado 21 de outubro, rematando o prazo o próximo 14 de novembro.

O Servizo de Axuda no Fogar do Concello conta con 19 auxiliares e atendeu a 129 usuarios con 18.086 horas ata o 31 de outubro de 2022. A atención media mensual é de 97 usuarios cun total de 1.810 horas ao mes, o que supuxo un aumento importante respecto ao 2020, cando había 86.

O concelleiro de Dereitos Sociais, Brais Fidalgo, destaca que o servizo foi incrementando o número de horas de atención nos últimos meses, especialmente desde agosto, para dar resposta as necesidades que demanda a poboación maior ou dependente do Concello de Ribadavia. Un servizo que é totalmente público, e onde as persoas usuarias teñen unhas taxas asumibles e progresivas en función da súa renda e do patrimonio.

Para Brais Fidalgo é importante destacar que é un servizo 100% público, “o que se traduce nunha mellor atención de usuarios e unha estabilidade maior das traballadoras”, sinala o responsable municipal.

Te puede interesar