O Ribeiro

Ribadavia abre o prazo de axudas para material dos escolares

O Ribeiro

Educación

Ribadavia abre o prazo de axudas para material dos escolares

O prazo de solicitudes ábrese o día 12, e pecharáse o 7 de outubro

O Concello de Ribadavia convoca, un ano máis, as axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2019-20, dentro da educación infantil, de tres a seis anos de idade. Esta convocatoria para a compra de material escolar ten como obxectivo apoiar a familias do municipio ribadaviense con recursos baixos ou medios, e o prazo de solicitudes ábrese o día 12, e pecharáse o 7 de outubro. As familias interesadas deberán dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello, para presentar a documentación correspondente.

Os requisitos xerais de acceso a estas axudas, que oscilan entre os 50 e os 80 euros, son que os ingresos totais da unidade familiar non superen os 2.017 euros e que os integrantes dela estén empadroados en Ribadavia. Ademais, deberán aportar a factura da compra do material no comercio local.