Ribadavia acenderá o día 1 o alumeado das festas

Ribanadal estará aberto ao público do 22 ao 30 de decembro no pavillón

O Concello de Ribadavia e o colectivo Establecementos Asociados do Ribeiro (EAR) presentaron onte a programación das actividades que desenvolverán dentro da campaña de Nadal. O día 1 de decembro acenderase o alumado do Nadal e dará comezo o Concurso de Pinchos organizado por EAR e que se desenvolverá ata o 10 de decembro en 17 locais de hostalería.

Unha novidade deste ano será a entrega gratuita polo Concello  -aos empadroados- e polos comerciantes da  EAR -aos que merquen nos locais asociados- dunha pulseira para acceder a Ribanadal, tanto á pista de xeo como ao resto de atraccións, que estará aberto ao público do 22 ao 30 de decembro no pavillón.

Te puede interesar