Ribadavia apoia a iniciativa popular para crear emprego

O Concello de Ribadavia apoia a iniciativa lexislativa popular de medidas para a creación de emprego en Galicia, que xa rematou o seu periodo de recollida de sinaturas e admisión a trámite no Parlamento galego.

 A Corporación tomou esta decisión, coa abstención do grupo popular, e tras a presentación dunha moción por parte do BNG.

O portavoz nacionalista, Anxo Collarte, declaraba que a aprobación desta moción de apoio a esta iniciativa lexislativa popular prodúcese "nun momento extremadamente grave para o emprego no que se pon de manifesto o fracaso das reformas laborais e en xeral da economía neoliberal para procurar á poboación traballo". O portavoz deste grupo da oposición considera que se está "condeando en troques á xente á precariedade laboral e a salarios de pobreza cando non directamente ao paro".

Te puede interesar