RIBADAVIA

Ribadavia busca voluntario para un programa europeo

A experiencia desenvolverase en Torino, Cirié, San Carlo Canavese, arredores de Turín (Italia) e iniciarase o 7 de setembro do 2016, tendo unha duración mínima de 12 meses.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia (OMIX) busca un voluntario que compartirá a súa experiencia con outros cinco voluntarios de diferentes países europeos, nunha proxecto de ámbito social.

A experiencia desenvolverase en Torino, Cirié, San Carlo Canavese, arredores de Turín (Italia) e iniciarase o 7 de setembro do 2016, tendo unha duración mínima de 12 meses.

Os interesados deberán remitir á OMIX o seu curriculum antes do vindeiro 1 de abril de 2015 ó enderezo: [email protected]. Os gastos estarán totalmete cubertos polo programa Erasmus .

O traballo que se desenvolverá será con persoas con minusvalía, nenos de 0 a 3 e 4 a 6 anos , adultos con dificultades e persoas sen fogar, en sitios como xardíns de infancia, centro de día, entre outros, segundo informa a OMIX. n
 

Te puede interesar