Ribadavia celebra o día 3 a súa terrorífica Noite Meiga

Ribadavia celebra o próximo día 3 de novembro a súa xa tradicional Noite Meiga, que cumple 12 anos, organizada pola asociación xuvenil Activa.t. As actividades e espectáculos iniciaranse as 21,00 horas coa Escola de Menciñeiros e Xincana de Terror para ós nenos. Ás 22,00 horas, as rúas da vila transformaranse con un gran desfile de terroríficos persoaxes que desfilarán dende San Francisco ata a Praza Maior, acompañados por grupos de malabares, pernilongos, os 'Taboleiros da Istoria' e 'Troula'.
A festa continuará a partires das 23,00 horas, ofrecendo o Pasaxe do Terror, para maiores de 12 anos, no castelo, con entrada a tres euros. Trátase de un dos espectáculos que xenera máis espectación en cada edición. Tamén haberá un taller de maquillaxe na Praza da Madalena e no mesmo local actuará o mago ilusionista Cayetano Lledó.

A medianoite entregaranse os premios dos concursos de cabazas, ambientación e escaparates, para seguir coa queimada, animada co espectáculo de 'Troula', e un concerto no Club Artístico polo grupo 'Phantom Club', ás 01,00 horas.

Te puede interesar