Ribadavia inaugurará o I Circuíto de Andainas Saudables previsto en Galicia

O I Circuíto de Andainas Saudables comezará o vindeiro 27 de maio en Ribadavia. Posteriormente desenvolverase noutros 11 concellos galegos nos próximos meses de xuño, setembro e outubro. As inscricións poderán realizarse na tenda Eroski ou na Unidade de Promoción do Exercicio Físico (UPE) do Concello de Ribadavia, situada no Polideportivo O Consello.
O percorrido será de 12 kilómetros, cunha dificultade media. Os participantes deberán concentrarse ás 10,00 horas na Praza Maior, iniciándose a andaina ás 11,00 horas, estando previsto que remate sobre as 13,30 horas.

O I Circuíto Galego de Andainas Saudables, incluído dentro do Plan Galicia Saudable, ten como obxectivo principal dinamizar no territorio da rede de Unidades de Promoción do Exercicio Físico Saudable (UPES), os percorridos urbanos e semiurbanos para a practica dunha actividade física baseada na saúde e na mellora da calidade de vida. Con esta actividade o Concello de Ribadavia (adherido dende o 2010 ó Plan Galicia Saúdable) inaugurará o seu primeiro itinerario saudable, 'que permite o cidadán iniciarse na actividade de camiñar para mellorar a súa saúde a través da actividade física', segundo sinalou o concelleiro de Cultura e Deportes de Ribadavia, José Prieto Pérez, que espera unha importante participación dos veciños neste primeiro circuito.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, anunciou que serán un total de 12 os concellos que acollerán ó I Circuíto Galego de Andainas Saudables: Ribadavia, Sárria, Xinzo de Limia, O Porriño, Cambre, Arteixo, Sada, Terras de Celanova, Cambados, Chantada e O Grove.

José Ramón Lete Lasa considera que estas andainas, con distintos niveis de dificultade, 'son ideais para iniciarse no hábito regular e sistemático de práctica de actividade física', sinalou. Esta actividade está orientada principalmente á poboación sedentaria, familias, mulleres e persoas maiores, tal e como indicou o secretario xeral para o Deporte.

Te puede interesar