obras

Ribadavia levará a cabo as obras pendentes no mes de setembro

O propio César Fernández encargou un informe ó secretario do Concello, no que se reflexa que o orzamento foi aprobado inicialmente na sesión plenaria do 29 de xullo

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, amosou a súa sorpresa polas declaracións do voceiro do PSOE na Corporación, Ignacio Gómez, ó recriminarlle éste a paralización das obras xa comprometidas no anterior mandato municipal e que xa dispoñen de subvencións. Ó respecto, o rexedor popular sinalou que "é incomprensible que dende un grupo municipal coma o socialista, que gobernou Ribadavia nos últimos 16 anos, se pregunten porque non se están a executar as obras comprometidas, cando eles deberían saber que se non está vixente o orzamento non se poden adxudicar".

O propio César Fernández encargou un informe ó secretario do Concello, no que se reflexa que o orzamento foi aprobado inicialmente na sesión plenaria do 29 de xullo e publicado no Boletín Oficial da Provincia do 2 de agosto. En consecuencia, "o Concello non pode adxudicar os contratos subvencionados, xa que non se dispón da consignación orzamentaria preceptiva" ata o mes de setembro, unha vez rematado o periodo de exposición dos orzamentos.

Te puede interesar