Política

Ribadavia pide un novo sistema de financiamento

A medida busca atender o custe de prestación dos servizos nas zonas rurais 

O Concello de Ribadavia instará á FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias ) a esixir do Goberno do Estado un novo sistema de financiamento local que atenda o custe de prestación dos servizos nas zonas rurais e recolla nos seus criterios a dispersión e o despoboamento como incentivos de financiamento municipal. A petición faina tras a aprobación por unanimidad nun recente pleno dunha moción do grupo municipal do BNG. 

Así mesmo, instará á Xunta de Galicia a que esixa un sistema de financiamento local que corrixa os perxudiciais criterios de reparto actuais, ao mesmo tempo que se dará translado do presente acordo aos demais concellos do Ribeiro.

A moción do BNG sinala que "son os concellos máis pequenos os máis prexudicados, malia contar cunha poboación dispersa e envellecida. Segundo a FEGAMP, os que non chegan aos 5.000 habitantes son os que menos reciben".

A portavoz deste grupo da oposición, Maite Rodríguez, ten en conta que Ribadavia recibe 200 euros por habitante, e que estar na media estatal de ingresos representaría polo menos 250.000 euros máis para este concello cada ano, "cantidade próxima ao total de investimentos previstos para este ano", puntualiza.

Por ese motivo, a corporación en pleno daba o apoio unánime a esta proposta.

Te puede interesar