servizos

Ribadavia pide permiso para unha nova captación

<p></p>
photo_camera Zona do río Miño onde se prevé acometer a nova captación .

O Concello desexa evitar os problemas da actual toma no Maquiáns

O equipo municipal de goberno de Ribadavia dirixiu unha solicitude á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil co obxectivo de realizar unha nova captación de auga no río Miño, a fin de paliar os problemas derivados da actual toma no río Maquiáns. Deste xeito, o Concello desexa contar cunha alternativa á existente, xa que prácticamente tódolos anos o caudal do Maquiáns merma na época estival, co risco de deixar sen subministro ós ribadavienses.

O concelleiro de Obras, Javier Iglesias, indica que "pedimos á Confederación a autorización pertinente, e tamén lle solicitamos un informe sobre o tramo do Miño no que se podería instalar a conexión para o bombeo cara a rede de abastecemento". Unha vez que o goberno municipal reciba a resposta requerida, convocaráse un concurso para adxudicar a redacción do proxecto correspondente.

Nos últimos anos, debido á escasez de auga, principalmente nos meses de agosto e setembro, o Concello viuse na obriga de tomar algunhas medidas para evitar un abuso do consumo entre os habitantes do municipio. Entre elas, a prohibición para a rega de fincas ou o lavado de vehículos, á vez que se pechaban as fontes públicas que se surten da rede xeral de abastecemento, e se suprimía o baldeo de rúas e prazas.


CONTAMINACIÓN


Por outra banda, a toma de auga actual no Maquiáns incluso provoca problemas no inverno. No mes de marzo deste mesmo ano, as augas deste regato enchéronse dos restos procedentes da vaga de lumes que asolou o municipio de Carballeda de Avia, e motivaron unha alerta pola turbidez da auga que salía nas vivendas de Ribadavia. O Concello emitiu un bando para prohibir o su consumo para bebida, mentres distribuía botellas e garrafas de auga potable ós veciños.

Te puede interesar