Rehabilitación

Ribadavia poderá rehabilitar 16 inmobles do casco histórico

2019102308293326207
photo_camera Ánxeles Vázquez, Javier Losada e César Fernández na firma dos convenios.
Os proxectos ascenden a 849.620 euros e contarán con axudas por importe de 350.500 euros

Un total de 16 inmobles situados no casco histórico de Ribadavia e na ARI (Área de Rehabilitación Integral) de San Cristovo serán recuperados gracias aos convenios do concello co Ministerio de Fomento e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. O importe total dos proxectos subvencionados é de 849.620 euros. O alcalde de Ribadavia, César Fernández, participou onte no acto de sinatura dos convenios, celebrado na Delegación do Goberno en Galicia, no que estiveron presentes a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, e o delegado de Goberno en Galicia, Javier Losada.

Estes convenios asínanse ao abeiro do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, que regula, entre outras axudas, a relativa ao Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural, que ten por obxecto o financiamento da realización conxunta de obras de rehabilitación en edificios e vivendas, de urbanización ou reurbanización de espazos públicos e, no seu caso, de edificación de inmobles ou vivendas en substitución de edificios ou vivendas demolidos, dentro de ámbitos de actuación denominados área de rexeneración e renovación urbana ou rural previamente delimitados.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que "un dos eixos claves do futuro desenvolvemento de Ribadavia é o investimento na rehabilitación do casco histórico e de núcleos rurais senlleiros coma a ARI de San Cristovo. Dende o goberno municipal traballaremos na liña de potenciar estas actuacións de rehabilitación, e ampliar, na medida do posible, as áreas de rehabilitación a outros núcleos do Concello de Ribadavia".

A Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento, achegan un importe de 2,88 millóns de euros entre sete municipios para financiar actuacións de rehabilitación de vivendas e de edificios, así como actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral. 

A Ribadavia correspóndelle segundo este convenio axudas por importe de 350.500 euros, que se repartirán en subvencións aos promotores dos 16 proxectos que xa constan no concello, segundo apuntou o rexedor municipal, César Fernández, e que están ubicadas nos dous perímetros protexidos, o da vila cabeceira da comarca do Ribeiro e na localidade de San Cristovo, pertencente ao mesmo municipio, e que o alcalde pretende ampliar a outros pobos.

Te puede interesar