Ribadavia prevé levar axuda escolar a 59 nenos

O  Concello de Ribadavia anuncia unha subvención para a compra de material escolar para nenos en Educación Infantil (tres a seis anos) no presente curso. 

Brais Fidalgo,  portavoz do Concello e encargado dos programas sociais, informa que neste ano 2022 o Concello continúa co formato novo instaurado no 2021 que permitiu chegar a un maior número de familias e nenos, así neste 2022 existen 59 nenos interesados, superando as cifras do 2021, onde o número de solicitudes foi de 31, superando con creces o promedio anual dos últimos dous anos que foi de só sete. 

Isto foi posible grazas a redución da renda esixida as familias, así como grazas á flexibilidade das bases que agora se adaptan ao material esixido polo profesorado. 

O Concello basea o baremo nas necesidades de axudas de material escolar e material didáctico solicitado polos profesores/as de Educación Infantil para o curso 2021/22.  Sufrágase o 50 % do custe do material previsto para este curso.

Te puede interesar