ANIMAIS

En Ribadavia: quen coida aos Micos da vila?

RIB
photo_camera Os gatos atopados en Castrelo de Miño e unha das casetas que hai en Ribadavia.

A asociación animalista de Ribadavia terá un posto de venda e información no festival Arteficial

A  asociación Micos da vila naceu na localidade de Ribadavia fai, aproximadamente, tres anos. "Había moita poboación e xa estabamos fartas de ver gatiños atropelados e tiradiños por aí", explica María José Bouzas, membro da organización que o sábado formará parte do mercado das sementes do festival Arteficial.


Traballo na vila


Bouzas e dúas amigas decidiron facer algo para evitar que morresen máis mininos da zona, na medida do posible. "Nós encargámonos do control das colonias de Ribadavia e de castrar ás femias", comenta. Micos da vila non acolle nin hospeda, porque non ten espacio físico para facelo. "O único que podemos facer cando nos avisan de que aparecen gatiños nalgún lugar é difundir a información para que alguén os adopte, pero pouco máis", razona.Aínda así, dende fai unhas semanas, a asociación tamén se ocupa da manutención dunha camada que apareceu en Castrelo de Miño: "Os animais eran dunha señora que xa non vive na súa casa e decidimos, conxuntamente con outra organización de Ourense, capalos e facernos cargo deles ata que alguén os queira". Por outra banda, grazas a unha aportación do Concello, Micos colocou catro casetas en diversas localizacións de Ribadavia, onde os gatos poden durmir e resguardarse do frío, ademais de comer o que os veciños lles deixen. "Catro persoas voluntarias se ocupan de cada unha das vivendas; é unha forma de que non haxa comida nas esquinas das rúas", di Bouzas.

Dende que as colocaron, as construcións sufriron numerosos desperfectos, dos que non hai responsables ata o momento. Porén, a asociación decidiu non retiralas e proseguir coa súa tarefa. O próximo sábado formarán parte dos postos do mercado das sementes do Arteficial, onde, ademais de ofrecer información, venderán diversos produtos "a bós prezos" para recaudar fondos e aumentar o seu radio de acción.


Unha romería con diversas propostas para todos os gustos


Ademais de moita música, o festival Arteficial tamén levará as rúas do barrio da Madalena unha ampla variedade de actividades para todos os públicos. 

Os máis pequenos poderán participan en obradoiros artísticos mentres os seus pais pasean e asisten a algún dos concertos matutinos. A igrexa da Madalena convertirase nunha escola infantil improvisada, na que os nenos traballarán sobre patrimonio e música a través do xogo e da exploración espacial e tamén realizarán manualidades a partir de materiais reciclados. Por outra banda, o mercado das sementes ofrecerá aos visitantes durante a xornada unha ampla variedade de mostras artísticas, dende fotografía a moda, literatura ou deseño. O nome da proposta provén do pasado da vila, cando a praza da Madalena convertíase no escenario no que se vendían sementes de produtos da horta, tal e como explica Rosiña Rojo, parte da organización do festival. 

No mercado tamén estarán presentes Micos da Vila e a ONG Cruz Vermella, cun posto no que os festivaleros poden deixar alimentos non perecederos. 

Te puede interesar