Provincia

Ribadavia recibe unha “menorah” hebrea polas irmás Touza

Encendido da "menorah" no balcón do Centro de Información Xudía.
photo_camera Encendido da "menorah" no balcón do Centro de Información Xudía.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte de mans de Juan Carlos Piñeiro Docampo, director rexional para Galicia e países de fala portuguesa da Cámara Multilateral de Comercio e Corporación de Israel e Iberoamérica (CMCCII), unha "menorah", o candelabro ou lámpada de aceite propia da cultura hebrea, un dos obxectos simbólicos máis importantes do xudaísmo. A doazón ten como finalidade honrar a memoria das irmás Touza e destacar a relación de Ourense co pobo xudeu. A placa conmemorativa recolle: "Para la Honorable Diputación de Ourense, en agradecimiento por la preservación de la historia de la comunidad judía de Ourense y Galicia".

No acto celebrado no Pazo Provincial tamén participaron as concelleiras de Ribadavia , Noelia Rodríguez e Cristina Otero, e por videoconferencia, Assaf Morán, ministro conselleiro da Embaixada de Israel en España, e David Obando Abraham, presidente da C.M.C.C.I.I. 

Os actos de lembranza polas irmás Touza continuaron pola tarde en Ribadavia, no Centro de Información Xudía de Galicia, cunha recepción por parte do alcalde da vila, César Fernández, a quen lle foi entregada outra "menorah", na honra de Lola, Amparo e Julia Touza, as irmás que axudaron a salvar a centos de persoas que fuxían do Holocausto nazi.

Te puede interesar