Ribadavia saldará a súa débeda en xuño de 2023

O concello vai facer fronte aos pagos puntualmente, "posibilitando que en xuño do ano 2023 quede totalmente amortizado o crédito e pechado o plan de axuste", sinalou o rexedor.

O concello de Ribadavia dotará dunha caldeira de biomasa á sede do CRA Amencer en Sampaio, que ten un custo de 15.578 euros e, ademais, aprobou onte en pleno unha modificación do plan de axuste económico. 

Desta forma, o concello solicitará a agrupación dos préstamos dos plans de axuste que subscribiu nos anos 2012 e 2013 por importe superior aos 2,5 millóns de euros para saldar débedas con proveedores. O alcalde de Ribadavia, César Fernández, afirmou que "actúamos de xeito responsable xa que non nos acollemos ao período de carencia que posibilita esta medida, aínda que se o fixéramos contaríamos con unha importante mellora orzamentaria nos anos 2020 e 2021, porque de facelo, estaríamos comprometendo a actuación dunha futura corporación municipal no ano 2023 que se vería obrigada a amortizar 800.000 euros nese ano". Así, o concello vai facer fronte aos pagos puntualmente, "posibilitando que en xuño do ano 2023 quede totalmente amortizado o crédito e pechado o plan de axuste", sinalou o rexedor.

Te puede interesar