Política

Ribeiro en Común critica ao goberno pola falta de xestión

Refírense ás obras pendentes da anterior etapa, así como as rúas abandonadas e sucias

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia afirma que o goberno local neste ano que acaba "demostrou ser incapaz de xestionar", sinalando a falta dun programa electoral e de talante democrático.

"Nin xestión municipal nin inversións para sacar a Ribadavia da situación alarmante na que se atopa, a punto de baixar do status de municipios de 5.000 habitantes", engade, matizando que al respecto o goberno municipal non fixo nada nestes seis meses.

Ribeiro en Común tamén se refire a obras pendentes da anterior etapa sen rematar, como as beirarrúas de Francelos ou o campo do Xestal, obras a medio facer ou mal executadas, como o parque Robla, rúas moi sucias e abandonadas, graves problemas coa xestión de residuos, adxudicacións de obras e servizos pouco transparentes, "son só algúns exemplos dunha clara incapacidade de gobernar", sinala.

Este grupo da oposición considera que "a isto hai que engadirlle a despreocupación e desinterese por buscar e conseguir inversións para o noso municipio, como quedou patente nos orzamentos da Xunta de Galicia, onde o PP votou en contra de inversións centrais para Ribadavia que o goberno municipal debería defender e que consentiu". E apunta como máis graves a ampliación do parque empresarial ou a creación dun centro de día.

Te puede interesar