RIBADAVIA

Ribeiro en Común demanda melloras na 
“Galiña Azul"

O Concello de Ribadavia solicitará ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar a realización de melloras na escola infantil

O Concello de Ribadavia solicitará ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar a realización de melloras na escola infantil "Galiña Azul", ubicada na Alameda, despois de ser aprobada por unanimidade en pleno unha moción do grupo municipal Ribeiro en Común.

Tendo en conta que o edificio non cumpre coa normativa, e que foi cedido polo Concello coa condición de que o Consorcio fixera as adaptacións pertinentes, Ribeiro en Común propuxo ao pleno solicitar que se adapte dito edificio á normativa.

Dacordo coa mesma moción tamén se pedirá ao Consorcio a construción dunha aula nova que no seu día se comprometera a cumprir, co obxectivo de darlle cobertura á demanda actual, ademais de reclamar unha mellor flexibilidade horaria para os pais.

Por outra parte, a solicitude tamén contempla para o actual curso, a climatización do edificio, "xa que no inverno existe condensación e no verán moitísimo calor", segundo indica o portavoz de Ribeiro en Común, Brais Fidalgo.

Outra das carencias que plantexa e para as que se solicita unha solución ten que ver coa accesibilidade do edificio da escola infantil co fin de que os nenos poidan acceder ao patio. Como este pertence ao colexio público, tamén sería necesario asinar un convenio entre o Consorcio e a Consellaría de Educación para este fin.

Te puede interesar