vivenda

Ribeiro en Común insta a reparar edificios municipais

ribadavia
photo_camera Un dos inmobles ruinosos aos que se refire Ribeiro en Común.
Dende o grupo propoñen incluir esta medida nos orzamentos

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia propón ao goberno municipal do Partido Popular a creación dunha partida económica específica para a realización de vivenda pública.

Considera este grupo da oposición municipal que a vivenda pública é moi necesaria no concello de Ribadavia e reclama que se faga a partir da recuperación dos inmobles municipais, a través dun plan de recuperación dos edificios do casco histórico.

Esta é unha medida de Ribeiro en Común xa proposta reiteradas veces en forma de moción levada a sesión plenaria na pasada etapa de goberno municipal e na actual tamén a defendeu para ser incluída nos orzamentos deste exercicio do 2019. 

A pesar de que o goberno anterior sempre lle diu o visto bo en pleno nunca se chegou a levar a cabo. E no presente exercicio sinala que "no acordo ao que si chegaron entre  PP e PSOE non manifestaron a necesidade de incluir esta partida nos orzamentos municipais". Ribeiro en Común anuncia que seguriá esixindo a recuperación destes inmobles ruinosos e a creación de vivenda pública.

Te puede interesar