CONCELLO

Ribeiro en Común ofrece diálogo para os orzamentos de Ribadavia

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia ofrece diálogo ao goberno do PP sobre os orzamentos do 2020 a cambio da defensa do Colexio da Alameda e o compromiso para a súa reforma. Para Ribeiro en Común a realización de melloras neste edificio é algo que posibilitaría a súa continuidade, e neste sentido pide diálogo e consenso municipal en defensa deste centro e se inicien accións do concello de defensa da continuidade deste colexio diante da dirección do centro e da Xunta de Galicia.

"De existir este compromiso municipal en defensa do Colexio da Alameda e a creación de partidas para a mellora do edificio, Ribeiro en Común comprometese a abrir un diálogo con todos os grupos de cara a aprobación duns novos orzamentos para Ribadavia", sinala este grupo da oposición, que xunto co PSOE e BNG rexeitaron os orzamentos nun pleno.

Te puede interesar