O RIBEIRO

Ribeiro en Común pide ao concello que compre en Ribadavia

Este grupo da oposición tamén defende que o gasto de subministración eléctrica se reparta entre as empresas

O grupo municipal Ribeiro en Común reclama ao Concello de Ribadavia que faga os gastos en negocios asentados neste municipio, cando isto sexa posible. Asegura o seu portavoz, Brais Fidalgo, que se pagou unha factura, a través dunha resolución da Alcaldía de outubro de 2018, por importe de 545 euros a unha empresa de neumáticos e accesorios do automóbil situada fora da comarca. "Non entendemos nin compartimos, e rexeitamos que o Concello de Ribadavia faga gastos en outros municipios cando en Ribadavia existen múltiples negocios desta categoría", sinala.

Da mesma maneira, Ribeiro en Común defende que o gasto de compra de suministro eléctrico se reparta equitativamente entre todas as empresas que hai en Ribadavia e non se faga só en unha, Engade o portavoz que "unha vez máis foi decidido desde a Xunta de Goberno facer un só contrato, beneficiando únicamente a unha empresa, a mesma que leva toda esta etapa municipal facturando ao concello. O importe de subministración eléctrica e material de ferretería en 2018 foi de 54.215 euros, que foi facturado a unha mesma empresa".

O grupo da oposición reclama transparencia nas adxudicacións e ao mesmo tempo repartir o gasto municipal entre o maior número de empresas de Ribadavia, "xa que todas pagan impostos".

Te puede interesar