o ribeiro

Ribeiro en Común pide o arranxo dos colectores

O grupo tamén reclama ao Concello que faga cumprir a normativa de horario de deposito e reciclaxe, ademais de limpiar as rúas e núcleos do municipio 

A formación local Ribeiro en Común critica o estado no que se atopan a maioría dos colectores soterrados do municipio, "malia o gasto de diñeiro público realizado o ano pasado, cando Concello e Deputación afirmaron o seu arranxo". 

Por outra banda, dende o grupo municipal queixaronse de que o actual goberno "non proporcione información sobre este proxecto ao que a Deputación destinou máis de 111.700 euros para varios concellos, e a pesar de ser solicitada por Ribeiro en Común o pasado día de agosto, é dicir, fai máis dun mes".

Por outra banda, ademais desta petición, Ribeiro en Común reclama que o Concello faga cumprir a normativa de horario de deposito e reciclaxe a través da vixilancia da policía municipal, ademais de que  se realice unha limpeza profunda de rúas e núcleos do municipio que se atopan moi sucios, con especial necesidade nas inmediacións das áreas de colectores, "en moi mal estado". Tamén que o Concello de Ribadavia aumente o servizo municipal de limpeza.

Te puede interesar