Ribeiro en Común pide que se axilice o campo do Xestal

uploaded_xestal_resultado
photo_camera Campo de fútbol sintético do Xestal.
Este grupo da oposición engade que fixo varias propostas en positivo para a mellora dun proxecto que apenas contemplaba máis ca un novo céspede

O grupo municipal Ribeiro en Común afirma que se están incumprindo os prazos para o novo campo de fútbol sintético do Xestal, en Ribadavia. Mostran a súa preocupación, porque segundo aseguran, "o proxecto está duplicando os prazos previstos, xa que cando tiña que terse feito era no verán e non se fixo". Considera, ademais, que ten excesivas carencias, que a inversión é moi alta para "o pouco que ofrecía", matizando que se diron de prazo dous meses e que xa pasaron catro.

Este grupo da oposición engade que fixo varias propostas en positivo para a mellora dun proxecto que apenas contemplaba máis ca un novo céspede. "Algunhas melloras fóronse conseguindo, e foron realizadas fóra e ao marxe dun proxecto excesivamente caro, de máis de 320.000 euros. Aínda así queda moito máis que mellorar", insiste.

Por iso, esixe ao alcalde, César Fernández, "sexa sincero e informe sobre os verdadeiros prazos. En agosto dixo que estaría en 15 días, e no pasado pleno anunciou que sería inminente a finalización da obra, e a realidade é que volve estar parada a obra e agora poñen de escusa a choiva e o clima".

Te puede interesar