Ribeiro en Común pide un plan contra o despoboamento

Reclaman un plan de choque, "xa que na actualidade estamos a punto de baixar de 5.000 habitantes, límite que establece a lei e que suporía un enorme prexuízo nos ingresos que recibe do Estado e da Xunta"

Ribeiro en Común reclama que o Concello de Ribadavia impulse un Plan de choque contra o despoboamento, "xa que na actualidade estamos a punto de baixar de 5.000 habitantes, límite que establece a lei e que suporía un enorme prexuízo nos ingresos que recibe do Estado e da Xunta", matiza.

Por este motivo, reclama que o concello, coa implicación de todos os grupos de maneira unánime, "se tome moi en serio a situación de risco na que nos atopamos".

Así, pide un plan de política municipal para frear a tendencia negativa de perda de poboación, relativo ao emprego en Ribadavia e polígono; vivenda pública e locais comerciais; servizos públicos: gardería, centro de día, asilo, centro de saúde; servizos municipais con maior incremento nas vantaxas para empadroados, e con unha campaña didáctica e publicitaria.

Te puede interesar