Política

Ribeiro en Común pide un pleno para falar da pandemia

Piden que o goberno informe aos grupos sobre a evolución e incidencia da pandemia no Concello de Ribadavia e os protocolos que se están a seguir nos colexios

Ribeiro en Común reclama un pleno extraordinario para que o goberno informe aos grupos sobre a evolución e incidencia da pandemia no Concello de Ribadavia e os protocolos que se están a seguir nos colexios, "xa que as familias están moi preocupadas e levan moito tempo demandando maior información e dun xeito máis rigoroso e respectuoso", indica.

Así, os concelleiros reclaman accións máis contundentes no colexio como realización de probas para detectar o alcance real do brote e poder frealo; a coordinación entre autoridades sanitarias e educativas, e a comunicación con representantes dos pais. Ribeiro en Común considera que "a situación está sendo moi preocupante, cun grupo de pais que está a pedir o peche dunha aula ante o aumento a catro casos positivos. Desde a alcaldía tiñan coñecemento disto e non se fixo ningún chamamento á Sanidade para que adoptara medidas", e engade que "non compartimos que no lugar de poñerse do lado dos representantes de pais, se acaten as decisións da Delegación territorial de Educación".

Por iso, asegura este grupo da oposición que "como consecuencia disto, hai pais que decidiron por propia vontade non levar aos seus fillos á escola".

Ribeiro en Común insiste na reclamación de información e na convocatoria dun pleno extraordinacio para abordar a situación nos colexios.

Te puede interesar