Ribeiro en Común pide remunicipalizar o servizo da auga

O grupo municipal de Ribeiro en Común insta ao Concello de Ribadavia a que inicie un proceso de remunicipalización do servizo de auga e saneamento antes do 30 de xullo de 2017, para así evitar unha nova prórroga na concesión da auga de Ribadavia en favor de FCC- Aqualia, como xa aconteceu no pasado mes de xuño. Esta vez a prórroga sería de 6 anos, "o que na nosa opinión sería unha manobra allea aos intereses municipais e que tería coma única consecuencia o beneficio da empresa", apunta o portavoz, Brais Fidalgo.

TRABALLADORES

Ribeiro en Común propón ademáis que se garanta a transición dun modelo privado ao público a través da subrogación ao goberno municipal dos traballadores do servizo de Ribadavia ligados hoxe a Aqualia-FCC, asegurando así a continuidade no servizo unha vez sexa remunicipalizado, "pois estes  traballadores, algúns dos cales xa foron municipais, son os que mellor coñecen o servizo e instalacións", sinala o edil.

Por iso, a formación lamenta a postura do goberno socialista e do grupo popular no último pleno, considerando que "prefiren que o servizo de auga e abastecemento continúe en mans privadas". 

Te puede interesar