LOITA CONTRA O COVID-19

Ribeiro en Común pide test ao persoal de axuda no fogar

O grupo municipal Ribeiro en Común insiste na necesidade de realizar test a todas as traballadoras do servizo de Axuda no Fogar de Ribadavia. Considera que o seu traballo está sendo encomiable e con moita profesionalidade e por iso reclama ao concello o respaldo "que merecen a través da realización da proba-test que lle daría maior tranquilidade para desenvolver o seu traballo".

Ademais, Ribeiro en Común tamén pide que "ese recoñecemento profesional se plasme desde o concello nunha mellora das condicións laborais das traballadoras, incluíndo tamén nesa mellora unha subida salarial".

Ribeiro en Común leva desde fai un mes reclamando a realización de probas- test ás traballadoras municipais  porque "cónstanos que o seu funcionamento está sendo moi bo" e por iso solicita medios axeitados para desdenvolver o seu traballo.

Te puede interesar