POLÍTICA

Ribeiro en Común propón cobrar taxas ás eléctricas

O T.S. sinala que esta taxa se basea na “utilidade” que gozan as empresas destes aproveitamentos privativos que atravesan o solo público

O grupo municipal Ribeiro en Común presentou unha moción  para que o Concello de Ribadavia comece a cobrar taxas ás instalacións eléctricas, e así mellorar o nivel recadador  municipal. Esta moción nace a raíz das sentencias do Tribunal Supremo (T.S.) que ven de avalar que os concellos comecen a valorar como construcións ás liñas instaladas polas compañías eléctricas de alta tensión e as canalizacións de gas, á hora de calcular a base impoñible do imposto por uso do dominio público.

Desde este momento os concellos poderán establecer a regulación e as tarifas da taxa por utilización privativa ou de aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos.

O T.S. sinala que esta taxa se basea na “utilidade” que gozan as empresas destes aproveitamentos privativos que atravesan o solo público. "A idea non é a de igualar o valor catastral co do mercado, como se ten acusado por parte das empresas eléctricas, senón establecer o valor que lle corresponde ao aproveitamento ou uso que estes servizos reportan ao dono do terreo", sinala o portavoz, Brais Fidalgo.

Por iso, insta ao Concello a traballar nunha ordenanza que  permita a regulación destas instalacións que ocupen e atravesen o solo e o seu cobro en beneficio do Concello. 

Te puede interesar