política local

Ribeiro en Común propón melloras no campo do Xestal

A formación propón a instalación dunha zona polideportiva na que se inclúan pistas de pádel no antigo campo clausurado

O grupo municipal Ribeiro en Común urxe ao goberno do PP de Ribadavia a execución de melloras no novo campo sintético de fútbol do Xestal. Reclama que unha vez finalizada a instalación de herba desde o concello se leven a cabo unha serie de melloras como o arranxo de vestiarios, zona perimetral sintética previa á cancha de herba artificial, así como unha zona de atletismo. 

Ademais, propón a instalación dunha zona polideportiva na que se inclúan pistas de pádel no antigo campo clausurado. "A obra foi excesivamente cara e lenta, e reclamamos melloras que o proxecto non recollía a pesar de contar cun orzamento moi importante de 320.000 euros", sinalan.

Esta formación política tamén considera necesaria a creación dunha zona con pista para practicar atletismo; o arranxo da vella cantina do Xestal para o seu uso por todos os clubes; e o aproveitamento para as novas instalacións das torres de luz do campo clausurado por Fomento que non se vaian usar naquela zona. Ademais, solicita informes técnicos relativos ás obras que se están levando a cabo.

Te puede interesar