CONCELLO

Ribeiro en Común reclama ao concello un plan turístico

La formación reclama también una mejora de los espacios termales

 O grupo municipal Ribeiro en Común insta ao goberno municipal a impulsar o turismo en Ribadavia. Os concelleiros da oposición afirman que "o goberno local ten totalmente abandonada a área turística e termal", e nese sentido critican a situación na que está a Vila Termal de Prexigueiro, o peche do Castelo, e a falta de mantemento da área de autocaravanas e do conxunto histórico e monumental.

"Levamos varias semanas cunha importante afluencia de visitantes, onde a imaxe que temos que dar de Ribadavia é moi mellorable por parte do concello", sinala Ribeiro en Común.

Por iso, engade que "urxe, sen máis escusas, un plan de mellora turística e termal que centre recursos e traballos municipais na limpeza e mantemento do conxunto monumental de Ribadavia e na Vila Termal de Prexigueiro".

Te puede interesar