CONCELLO

Ribeiro en Común reclama axilidade na obra dunha praza

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia reclama que o concello axilice a obra das "Banquetas", xa que o seu prazo rematou o pasado 31 de xaneiro. "Unha vez máis este goberno provoca retrasos e incumprimentos dos prazos nunha obra que ven da lexislatura pasada", sinala este grupo da oposición. Ademais, refírese ao Parque Robla, beirarrúas de Francelos ou o campo do Xestal apuntando que "son só algúns exemplos da incapacidade deste goberno para levar obras municipais, un listado de obras mal executadas ás que agora se suma esta das Banquetas".

Ribeiro en Común afirma que "igual aconteceu con todas as obras herdadas da anterior etapa municipal e adxudicadas polo actual goberno". Por iso, insta ao goberno a que se tome máis en serio esta obra e reclame ás empresas adxudicatarias o cumprimento.

Te puede interesar