Política

Ribeiro en Común reclama máis limpeza para o casco histórico

Sinalan que hai suciedade, pintadas, colectores sen recoller e sucios, e tamén perda progresiva da peatonalización

"A situación do casco histórico e no conxunto monumental de Ribadavia é máis que preocupante, e o seu empeoramento fíxose moi grave co actual goberno", sinala o grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia. 

Afirma que hai suciedade, pintadas, colectores sen recoller e sucios, e tamén perda progresiva da peatonalización. Ademais, engade que "os solares e inmobles municipais atópanse cheos de maleza e incumprindo a normativa municipal". 

Por todo iso, reclámalle ao goberno medidas reais para solucionar os verdadeiros problemas que ten o casco histórico, e propón un plan de limpeza semanal que inclúa o correcto mantemento dos inmobles e solares de propiedade municipal. Tamén, para que o concello se dirixa á Xunta de Galicia co fin de facer prioritario o arranxo e reforma das vivendas en ruínas que pertencen ao concello.

Te puede interesar