Política local

Ribeiro en Común reclama máis limpeza nas rúas e pobos

O grupo municipal Ribeiro en Común leva un ano reclamando o reforzo do servizo de limpeza municipal. No transcurso dun recente pleno aprobouse,coa abstención do goberno popular, a posta en marcha dun plan de limpeza a raíz das queixas que recolleu este grupo da oposición sobre as condicións nas  que están as rúas de varios barrios, de localidades como Francelos en San Cristovo, e incluso do centro, segundo puntualiza o portavoz, Brais Fidalgo.

Nese sentido, Ribeiro en Común incide tamén na necesidade de que o Concello obrigue a cumprir a normativa no relativo á recollida dos excrementos dos cans. "Moitos veciños nos dan queixa de que as rúas levan moitos días sucias, destacando a mala situación do casco histórico e as rúas principais de Ribadavia na que os excrementos de cans poden encontrarse durante varios días", matiza Ribeiro en Común.

Esta formación insta ao goberno local a incluir unha partida nos orzamentos de 2021 para ampliar o servizo municipal de limpeza con novas quendas e aumentar horarios para que se poida chegar a todos os núcleos e durante o fin de semana.

Por último, reclama o selado e retirada dos colectores soterrados situados en dúas zonas emblemáticas como é o edificio da banca Robla (cruce rúa Progreso con Salgado Moscoso) e de Portanova.

Te puede interesar