Educación

Ribeiro en Común reclama máscaras para os escolares

O grupo municipal Ribeiro en Común pide ao Concello de Ribadavia que compre máscaras para os nenos dos colexios deste municipio e ademais insta ao goberno local a que reclame ao Sergas o reforzo do servizo de Pediatría do PAC e o sistema de rastreo da Xunta.

Outra das reclamacións que fai este grupo da oposición ten que ver con que se execute a partida orzamentaria existente para axudar a quen máis está sufrindo nesta crise.

"Pedímoslle ao goberno que abandonen a improvisación e a falta de previsión", engaden, e propoñen asimesmo realizar probas PCR a todos os traballadores municipales. "Con máxima prioridade a aquelas persoas que realizan funcións en contacto con nenos ou con maiores", matizan, e critican a falta dunha bolsa de emprego para sustituir ao persoal.

Te puede interesar