TERMALISMO

Ribeiro en Común reclama pozas públicas en Prexigueiro

Pide, ademais, que se reformen e arranxen as zonas da ribeira do Complexo Termal, para dotalo dunha parte pública que sexa complementaria da actualmente existente

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia reclama ao goberno local socialista que cumpra o acordo plenario de fai seis meses e obrigue á empresa concesionaria das Termas de Prexigueiro a acondicionar dúas pozas na zona exterior do balneario para uso público, segundo figura no contrato de concesión. 

Este grupo da opocisión pide, ademais, que se reformen e arranxen as zonas da ribeira do Complexo Termal de Prexigueiro, para dotalo dunha parte pública que sexa complementaria da actualmente existente, e se fixe neste entorno un punto de información turística.

O portavoz de Ribeiro en Común, Brais Fidalgo, insta tamén a elaborar un plan de turismo que inclúa unha análise DAFO do turismo en Ribadavia co obxectivo de trazar as principais liñas de intervención pública para o desenvolvemento do turismo en Ribadavia como sector económico. 

Te puede interesar