politica

Ribeiro en Común solicita un plan para as ribeiras do Avia

Zona del rio Avia cuya declaración de ENIL se propone.
photo_camera Zona del rio Avia cuya declaración de ENIL se propone.

Unha medida enmarcada dentro da proposta do grupo para solicitar a declaración da zona como Espazo Natural de Interés Local (ENIL)

A existencia dun hábitat natural nas beiras do río Avia, na localidade ribadaviense de San Cristovo, motivou ó grupo municipal de Ribeiro en Común á presentar unha moción para o seu tratamento plenario na que solicita tramitar ante a Xunta a declaración da zona como Espazo Natural de Interés Local (ENIL).

Neste sentido, instan á Corporación municipal a aprobar as xestións que sexan necesarias para que a Consellería de Medio Ambiente elabore un plan de recuperación do sapoconcho europeo (Emys orbicularis) nas graveiras de San Cristovo e ribeiras de Avia, "que constitúen un hábitat acuático de gran valor ecolóxico para esta especie protexida e en perigo de extinción". 

Ó respecto, Ribeiro en Común lembra que no Plan da Xunta para recuperar esta especie en Galicia aparece este hábitat como área prioritaria de conservación,  e, por elo, consideran que "a declaración de ENIL deste espazo constitúe un primeiro paso fundamental para a protección do seu hábitat, dándolle unha protección legal que evitaría a degradación da zona".

A finais da pasada semana foi atopado nesta zona un exemplar de 100 anos de idade de sapoconcho europeo, que foi recollido por integrantes da asociación ecoloxista Ridimoas e devolto o luns pasado ó seu hábitat, onde teñen contabilizado unhas 60 tartarugas. Ribeiro en Común reclama tamén que se sinalice a prohibición da caza na contorna de San Cristovo e que se busque a colaboración e o asesoramente dos colectivos naturalistas expertos neste tema.

Te puede interesar