o ribeiro

O Ribeiro divulga seus viños cos arrieiros en Compostela

o ribeiro
photo_camera Escenificación da chegada dos arrieiros a Santiago de Compostela.

Presentou a “Ruta do Viño”, que ten prevista unha misión inversa de xornalistas especializados

A Porta de Mazarelos foi o escenario da representación da chegada do arrieiro dende o Ribeiro ata Compostela, unha figura de gran simboloxía para esta Denominación de Orixe e que serviu de nexo de unión entre a capital galega e a comarca do Ribeiro. Coa presentación da "Ruta do Viño do Ribeiro. O Camiño do Viño" preténdese trasladar a idea do Ribeiro como unha zona con historia dende os romanos ata este venres, pasando polas grandes ordes monacais, os fidalgos ou señores da terra e a figura dos arrieiros.

O acto contou coa asistencia do presidente da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro e do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares; a directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández; e o presidente do Cluster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que nas súas intervencións destacaron o potencial enoturístico do territorio do Ribeiro en particular e de Galicia en xeral. 

Dentro das actividades desenvoltas neste programa, antes de que finalice o ano está prevista a realización dunha misión inversa de xornalistas e escritores especializados de ámbito español para darlle unha dimensión nacional á estratexia, e unhas xornadas históricas sobre a Cultura do Viño en colaboración coa Asociación de Amigos e Amigas do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia.

Te puede interesar