cine

A rodaxe de "Olvido y León" provocará cortes del tráfico en Ribadavia

RIBADAVIA (RÚA DO PROGRESO). 20/08/2018. OURENSE. Varias calles de Ribadavia ya se encuentran decoradas con motivos de la Festa da Istoria. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera A rúa do Progreso será unha das afectadas polos cortes intermitentes de tráfico.
A película de Xavier Bermúdez rodarase entre o 14 de outubro e o 8 de novembro en Ribadavia

A rodaxe do filme "Olvido y León", dirixido polo ourensán Xavier Bermúdez, levarase a cabo en Ribadavia entre os días 14 de outubro e o 8 de novembro. Para facilitar o traballo do equipo de son e poder rodar os planos que conteñen diálogos, así coma por necesidades de acción noutros casos, o Concello de Ribadavia anuncia que se levarán a cabo unha serie de cortes intermitentes de tráfico:

Concretamente, o 16 de outubro, de 15,00 a 17,00 horas, na rúa do Ribeiro en ambas direccións, á altura do número 5 ata o 27; e o día 18 de 21,00 a 24,00 horas na mesma rúa. 

Ademais, xa que o decorado principal do filme é a casa dos protagonistas e está situada no número 31 da rúa Progreso, polas mesmas razóns de son, haberá cortes de tráfico intermitentes en ambas direccións dende o cruce coa rúa do Ribeiro ata o cruce coa rúa Banda A Lira, o día 30 de outubro, de 17,00 a 22,30 horas; o 31, de 12,30 a 15,30 horas e de 17,00 a 22,30 horas. Tamén o 4 de novembro, de 11,00 a 15,00 horas e de 16,30 a 19,30 horas; ao día seguinte, de 15,00 a 17,00 horas; e o 8 de novembro, de 12,30 a 15,30 horas e de 17,00 a 22,30 horas.


Oportunidade


O alcalde de Ribadavia, César Fernández, afirmou que "a rodaxe deste filme é unha gran oportunidade para colocar o nome de Ribadavia e os diferentes recunchos da nosa vila en salas de cine de todo o mundo, coa repercusión que

eso ten para dar a coñecer o noso concello". Engade que "unha rodaxe destas características conleva certas incomodidades como os cortes intermitentes de tráfico, pero o retorno positivo desta rodaxe será moi importnate para Ribadavia, polo que entendemos que merece a pena facer o esforzo de aceptar estas incomodidades derivadas da rodaxe".

César Fernández considera que "Ribadavia é un concello no que a súa xente é de natureza acolledora, polo que estamos certos de que a colaboración e comprensión da cidadanía coas incomodidades derivadas da rodaxe será máxima".

Te puede interesar