O RIBEIRO

A ruta xacobea de Portugal recibirá o respaldo da Xunta

dsfsdfsdf
photo_camera Peregrinos portugueses cruzan o Miño en Ribadavia.

Os alcaldes da asociación do Camiño Ribeiro Miñoto reúnense este venres en Castro Leboreiro

A "oficialización" do Camiño Ribeiro Miñoto por parte da Xunta está moi preto de concretarse cara o vindeiro Xacobeo 2021. Ó menos esas son as expectativas da asociación de 17 municipios de Galicia e norte de Portugal, atravesados por esta ruta xacobea que une as cidades de Braga e Compostela e que promoven o seu recoñecemento institucional. Ó respecto, Avelino Luis de Francisco, presidente do colectivo e alcalde de Cortegada, indica que "nestes intres, o obxectivo de declarar o Ribeiro Miño como camiño oficial xacobeo é xa unha realidade", e tan só falta a ratificación por parte da Dirección Xeral de Patrimonio.

E, neste sentido, os alcaldes manterán o vindeiro venres, 12 de xullo, unha xuntanza da asociación na localidade lusa de Castro Leboreiro, unha das etapas deste camiño, "na que participarán os representantes dos 12 municipios galegos e dos cinco portugueses, ademais do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a propia comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira", apunta o rexedor de Cortegada. Unha reunión na que  as autoridades autonómicas exporán os delegados municipais o estado de tramitación do expediente de recoñecemento oficial do Camiño Ribeiro Miñoto, unha vez que os municipios xa aportaron toda a documentación requerida.

Entre ésta, a confirmación obtida de arquivos históricos que asegura a existencia de esta ruta de peregrinos en dirección a Santiago. Entre outros documentos, destaca un do ano 1783, do coengo Jorge Cisneros, no que se citan desprazamentos "a Cortegada a tomar los baños por el camino de los peregrinos", ademais da constatación da construcción dun hospital para peregrinos en Padrenda, outro dos municipios de paso da ruta.


Colaboración


Por outra banda, na xuntanza do venres tamén haberá un debate sobre a posta en valor do Camiño por parte dos respectivos concellos, tendo en conta a necesidade de sinalizar  e limpar os diferentes tramos para que a ruta se lles faga máis atractiva ós peregrinos potenciais. Unhas tarefas para as que os alcaldes confían en obter a colaboración económica da Xunta, unha vez que o recoñecemento oficial do Camiño Ribeiro Miñoto sexa definitivo.

Dende Portugal a Santiago cruzando tres provincias
O Camiño Ribeiro Miñoto parte de Braga (Portugal) e, seguindo o trazado da Vía Nova romana entra na provincia de Ourense pola fronteira de Portela do Home, para atravesar os concellos de Lobios e Entrimo; os portugueses de Castro Leboreiro e Melgaço, para logo continuar por Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Ribadavia, Beade, Leiro, Boborás e Beariz; os pontevedreses de  Forcarei e A Estrada,  e o coruñés de Vedra ata Santiago de Compostela.

Te puede interesar