Os senadores do PP reclaman ao Goberno axudas ó sector do viño

Os populares piden financiamento extra e campañas de promoción en plataformas de comercialización

A crise socioeconómica provocada pola pandemia está a ter "desvastadores efectos no sector vitivinícola galego", segundo asegura o Partido Popular, sinalando que eses efectos teñen especial incidencia en Ourense ao posuír catro das cinco denominacións de orixe, onde centos de viticultores e adegas poden verse na obriga de abandoar as súas colleitas e os seus negocios ante as elevadas perdas rexistradas polo peche da hostalería, a restauración e a inactividade no ámbito do turismo enolóxico. Esta é a análise que sobre o sector reflicte unha moción dos senadores Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Jesús Vázquez, na que reclaman ao Goberno medidas específicas de apoio á industria do viño a través de novas vías de financiamento, promoción e exportación.

Os senadores solicitan ao Executivo que negocie coa Comisión Europea a incorporación de financiamento extra máis aló dos programas nacionais de apoio ao sector; o deseño de campañas de promoción para fomentar a cultura do viño; desenvolver plataformas telemáticas de comercialización; aprobar un plan estratéxico de internacionalización para recuperar e abrir novos mercados; e potenciar o consumo interno, incluíndo o apoio ao enoturismo. “O balance global é unha diminución do consumo, a redución dos prezos medios e, por tanto, do valor total das vendas, do volume de negocio e dos beneficios das adegas”, advirte Miguel Ángel Viso.

Te puede interesar