ECONOMÍA

Sobrecargos na conta bancaria do Concello de Ribadavia

Ribeiro en Común vén de solicitar do goberno local "que lle esixa a esta entidade bancaria, ou de ser o caso a todas nas que suceda e na que se realizan pagos e taxas municipais, que deixe de realizar sobrecobros a maiores á cidadania"

O grupo municipal de Ribeiro en Común apunta que ten recibido numerosas queixas veciñais  polo sobrecargo que teñen que pagar de máis na realización de ingresos na conta bancaria do Concello de Ribadavia. Según esta formación política, esta situación dáse "polo menos, na conta que o noso Concello ten nunha entidade bancaria da vila para o pago de taxas e impostos". Por este motivo, Ribeiro en Común vén de solicitar do goberno local "que lle esixa a esta entidade bancaria, ou de ser o caso a todas nas que suceda e na que se realizan pagos e taxas municipais, que deixe de realizar sobrecobros a maiores á cidadania". A entidade impón estas comisión ós contribuintes que non son clientes, cando realizan un pago ou unha transacción relacionada co Concello. 

Te puede interesar