política local

Os socialistas de Leiro piden o arranxo da luz en Corneira

O PSdeG  recorda que moitos dos veciños son maiores e que se senten inseguros nas rúas sen iluminación.

Os socialistas de Leiro reclámanlle ao concello que arranxe a iluminación pública do pobo de Corneira. O portavoz municipal, Manuel Rodríguez, diríxese ao goberno local porque "non se pode ter a varios veciños sen luz pública". O Concello de Leiro informou que non é posible o cambio de luminarias fundidas no pobo de Corneira, ata que a empresa eléctrica proceda a reparar a liña de alimentación, que provoca o fundido por sobrecarga, e engade que se están realizando os trámites coa compañía para que o arranxe canto antes.

Os socialistas afirman que nesa situación levan dous meses e solicitan ao concello a notificación da empresa comunicando esa incidencia, aparte de reclamarlle ao grupo de goberno que se tomen medidas de presión para que se solucione este grave problema.

O PSdeG  recorda que moitos dos veciños son maiores e que se senten inseguros nas rúas sen iluminación.

Te puede interesar