Os socialistas relaman probas PCR no servizo de axuda ó fogar

O presidente da mancomunidade contesta que é competencia do sergas a realización das probas

Os socialistas dos concellos que forman parte da Mancomunidade do Ribeiro relaman aos alcaldes e o presidente que se fagan regularmente probas PCR ás traballadoras de axuda ao fogar, xa que levan desde o mes de outubro sin repetir esta proba, segundo indican. "Os socialistas queremos subliñar que o Servizo de Axuda ao Fogar é un dos pilares que sustenta o noso Sistema de Atención á Dependencia, xa que é un servizo público de carácter esencial", engaden. 

Ademais das probas PCR reclaman os EPIS pertinentes xa que "son bastante escasos e así nos lo comentaron as propias traballadoras", matizan. Pretenden que os test se realicen cunha periocidade que "asegure o non contaxio tanto do persoal traballador como das persoas usuarias e familias das mesmas", considerando que "a aparición da crise sanitaria dificultou o desenrolo das tarefas de este colectivo de traballadoras, que expoñen a súa saúde , como a dos propios usuarios e familias a potenciais contaxios".

O presidente da Mancomunidade do Ribeiro, Francisco José Fernández, declaraba en relación as reclamacións de probas PCR, que non é unha competencia da Mancomunidade nin dos concellos, senón que é do Sergas. "Xa se lle fixeron e volverán a facerlle máis cando o Sergas o considere oportuno", apunta. Nese sentido, insiste en que son os profesionais da Consellería de Sanidade os que deciden facer as probas cando "ven a necesidade de facelo".

Te puede interesar