Os taxistas de Ribadavia, preocupados polo intrusismo

O portavoz do gremio dos taxistas en Ribadavia, Celso Sotelo, tamén concelleiro popular no mesmo Concello, afirma que o intrusismo de vehículos non autorizados para o transporte de viaxeiros está afectando en gran medida ós profesionais que teñen as autorizacións en regla.
Sotelo asegura que contan con testimonios de persoas maiores que recoñecen que algúns auxiliares de axuda a domicilio, que traballan para os diferentes concellos da comarca, están trasladándoas ó centro de saúde e cobrándolles polo porte. Os afectados teñen previsto informar da situación a asociación de taxistas.

Te puede interesar