Teatro do Vilar recibe a homenaxe de Ribadavia

O grupo Teatro do Vilar lembra a figura de Valentín Lorenzo Fariña, que foi o seu fundador e primeiro director hai 30 anos

O grupo Teatro do Vilar de comunicar o seu agradecemento ao Concello de Ribadavia pola entrega dunha placa coa que as autoridades municipais  desexan recoñecer a laboura desta compañía ao longo das súas tres décadas de existencia. Os integrantes da agrupación teatral suliñaron que “queremos dar as gracias por a placa que nos foi entregada pola Concellería de Cultura e a alcaldía do Concello de Ribadavia”, na que se pon de manifesto o “recoñecemento a Teatro do Vilar na súa traxectoria en todos estes anos”.

Ademais, o grupo Teatro do Vilar, ao mesmo tempo, quere agradecer tanto ao Concello como á organización da Mostra Internacional de Teatro e ó seu director, técnicos, personal de montaxe e voluntariado, “a súa colaboura con este grupo, o seu cariño e respeto co que sempre fomos tratados”.

No mesmo sentido, as actrices e actores da compañía tamén apuntan o seu agradecemento “a todo o público, polo seu incondicional cariño e apoio recibido e sentido durante todos estes anos”, e lembran que “o 18 de Marzo do 2023 cúmplense 30 anos do noso nacemento”. Por este motivo, “temos un recordo moi cariñoso para todos aqueles que xa non están con nós, en especial para o noso fundador e primeiro director, Valentín Lorenzo Fariña”.

Te puede interesar