Mostra de Teatro

O teatro galego e nacional serán os protagonistas este ano na MIT

O feito de que o auditorio do Castelo sexa ao aire libre facilitará a aplicación das medidas sanitarias

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia,MIT 2020, terá lugar entre os días 17 e 27 de xullo en diferentes espazos ao aire libre. Será unha edición especial, moito máis centrada no teatro do Estado español, especialmente no galego, a través de estreas, coproducións e residencias artísticas. Tamén recollerá actividades relacionadas con diversos ámbitos do sector escénico, "co mellor dos ánimos e con todo o esforzo do equipo da MIT para axudar tamén á recuperación social e cultural que o país necesita", sinalan dende a dirección da mostra. 

Ribadavia converterase así no motor que dará aire a un sector cultural xa de por si feble, pero tamén será un aliciente para a economía, o turismo e o comercio da comarca do Ribeiro.

O feito de que o auditorio do Castelo sexa ao aire libre facilitará a aplicación das medidas sanitarias que se esixan nese momento e o benestar do público, ademais de reforzar as actividades nas prazas e o programa SputMIT, con actividades no ámbito natural e por toda a fermosa paisaxe do concello. 

O programa Ruadavia estará reforzado igualmente e a parte internacional queda reducida á mínima expresión este ano por motivo da pandemia, pero a MIT seguirá conectada e traballando xa de cara ao futuro con proxectos tamén cara o exterior para seguir sendo a principal plataforma de proxección internacional do teatro galego, segundo engaden os responsables da organización.

Te puede interesar