obras

Trece aldeas de Ribadavia terán novo pavimento

pistass
photo_camera Asfaltado da rúa do Cubo, na localidade de San Paio.

O investimento é de 75.000 euros por un convenio entre o Consistorio e a Deputación

Un total de 11 camiños en localidades do rural do municipio de Ribadavia xa dispoñen dun novo pavimentado nas súas rúas e pistas de enlace, dentro do programa de colaboración que levan a cabo o Concello e a Deputación Provincial. Na actualidade, xa están rematados os traballos en núcleos de San Cristovo, Francelos, Prexigueiro, A Grova, As Chavolas, Esposende e San Paio, "e están pendentes dous camiños en Prexigueiro e Francelos", comenta o concelleiro de Obras, Javier Iglesias.

Estes dous pavimentados van ser acometidos entre finais de agosto e nos primeiros días de setembro, unha vez os operarios da entidade provincial volten das súas vacacións, xa que son os responsables de executar as obras coa súa maquinaria, mentres o Concello aporta o material necesario.

O investimento global ascende a uns 75.000 euros, dos cales 35.000 saen das arcas municipais, segundo o convenio asinado por ambas institucións.

Te puede interesar