Turismo amplía a promoción de Terras do Avia como xeodestino

Turismo de Galicia financiará as actuacións por un importe de 80.000 euros

O Consello da Xunta autoriza a sinatura dun convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Terras do Avia para realizar actividades de promoción e información turística do xeodestino do Ribeiro durante os anos 2017 e 2018, un convenio que suporá un reforzo da promoción nacional e internacional como destino enoturístico e termal, do que se beneficiarán os concellos das comarcas de Carballiño e Ribeiro, ademais de Amoeiro e Pontedeva.

Turismo de Galicia financiará as actuacións por un importe de 80.000 euros e incluirá o deseño dun plan de acción que comprende, entre outras actividades, a edición de mapas de rutas culturais, con planos do territorio do xeodestino e deseño e negociación de produtos como o bus do viño, paquetes termais biosaudables e o enoturismo como elemento de valor engadido. 

Te puede interesar