O RIBEIRO

O Ukelele Festival reúne musicos galegos e lusos

20190521181444591_result
photo_camera O Ukp Day celebrarase no Castelo de Ribadavia.

Ukp Day é o primeiro festival de música de ukelele do Noroeste Peninsular

O Castelo de Ribadavia acollerá o próximo día 1 de xuño a cuarta edición do Ukelele Festival (Ukp Day). O concello participa na organización xunto cunha empresa e conta cun cartel de artistas galegos e portugueses, de diversos estilos, e que teñen como nexo de unión a utilización do ukelele nas súas interpretacións.

Unha iniciativa que xurdiu a raíz dun proxecto artístico que tivo lugar en 2014: o Ukelele Kit Project, coñecido tamén como UKP. Dende 2016 o proxecto vense celebrando baixo o formato de festival en Ribadavia, consolidándose como un dos festivais máis orixinais e con encanto da nosa comunidade.

O festival está concibido como unha romaría para tódolos públicos, que logra xuntar nun só día diversas actividades que apostan pola difusión das novas tendencias contemporáneas e o fomento da creatividade dos máis pequenos. 

O gran protagonista da xornada é o ukelele, un instrumento que colleu fama en Hawai pero que ten a súa orixe no cavaquinho portugués, de aí que a presenza de artistas do país veciño sexa unha constante dentro do programa.

Este ano contarase con Rita Braga e Mathilda. Ademais dos galegos Astrogirl, Momboi ou Banet. O broche de ouro porao o dúo formado por Silvia Penide e Félix Arias, co seu proxecto Canciones Ajenas.

Haberá exposicións, obradoiros infantís, intervencións artísticas, charlas, mercado creativo e postos de gastronomía. O Ukp Day celebrase de 12,00 a 22,00 horas e a entrada é de balde.

Te puede interesar