A Uned imparte un curso sobre turismo en Castrelo de Miño

A Uned imparte en Castrelo de Miño un curso sobre 'Novas oportunidades turísticas como alternativas ao desenvolvemento local'. Está previsto no salón de plenos deste Concello os días 16 e 17 de novembro, rematando o plazo de matrícula o próximo 13 deste mesmo mes.
O curso está dirixido por Eva María Martín e consta de 11 horas. Colaboran co mesmo o Concello de Castrelo de Miño e a Ruta do Viño do Ribeiro. Está dirixido a estudantes, guías turísticos, profesionais do mundo do turismo e persoas interesadas en xeral.

O precio da matrícula ordinaria é de 30 euros, si ben os estudantes da UNED e dos ciclos de FP só deberán abonar 25 euros, e os parados e discapacitados 15 euros. O curso pretende impulsar a actividade turística como un eficaz instrumento para o desenvolvemento económico e social das zonas rurais e para a mellora do nivel de vida da poboación.

Te puede interesar