viticultura

Unións Agrarias solicita ampliar un 25% os rendementos das viñas nesta vendima

O sindicato asegura que ante a cantidade de uva existente no Ribeiro os viticultores terán problemas para dar saída ó producto

O sindicato Unións Agrarias vén de instar ao Consello Regulador do Ribeiro a impulsar unha ampliación dos rendementos do 25% para a próxima vendima. Neste sentido, os vogais da organización sindical con representación no Consello "urxen unha medida sen a cal os viticultores desta Denominación de Orixe terán complicado dar saída a toda a uva dispoñible", á vez que lembran "a necesidade de traballar nun cambio de modelo que substitúa os actuais cupos fixos por outro variable que se adecúe á realidade".

Con este obxectivo, os devanditos vogais no Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro veñen de presentar unha moción, a través da cal agardan "conquerir que os rendementos de uva fixados para este ano poidan verse modificados". Unións Agrarias alerta, nese sentido, de que os quilos por hectárea que entraron en vigor o ano pasado están lonxe de adecuarse á realidade actual das viñas da zona. Por elo, reclaman unha ampliación, "sen a cal, vista a cantidade de uva existente, moitos viticultores terán problema para poder dar saída ao seu producto".Deste xeito, os sindicalistas consideran indispensable ampliar os rendementos fixados "antes de que se inicie a recollida, para que os viticultores non se vexan na obriga de deixar acios sen vendimar".

Unha situación que, según o sindicato, "resultaría incomprensible, e que ademais podería dar lugar á creación dun mercado en "b". A organización, finalmente, reclama a aplicación de rendementos variables en función da realidade das distintas zonas e axeitados á evolución real das colleitas, o tipo de uva e as condicións da viña.

Te puede interesar